Noticias

Programas para a rehabilitación enerxética de vivendas na nosa comunidade

A Xunta de Galicia vén apostando durante os últimos anos pola rehabilitación de inmobles residenciais, ofrecendo medidas directas para reforzar o parque público de vivendas, pero tamén concedendo diversas axudas económicas, tanto a particulares como a comunidades de veciños e entidades promotoras. Dentro destas liñas de actuación, en abril de 2019 aprobouse a que foi a primeira Lei de rehabilitación e rexeneración e renovación urbanas de Galicia, que promovía a recuperación e rehabilitación do patrimonio xa construído.

Esta Lei contemplaba, entre outras medidas, a posta en marcha do programa Rexurbe, que procuraba a adquisición de inmobles abandonados e solares baleiros nos centros históricos das cidades galegas, para a súa rehabilitación co obxectivo de favorecer o alugueiro a prezos accesibles.

Outro dos elementos fundamentais da Lei de Rehabilitación era a figura das Áreas Rexurbe, un total de sete na nosa comunidade: Mondoñedo, Coruña e Ribadavia, aprobadas no ano 2020; Tui, en 2021; Ribadeo e Ferrol en 2022; e Betanzos en 2023. Con elas preténdese facilitar a recuperación dos conxuntos históricos declarados Bens de Interese Cultural (BIC), concentrando os recursos naqueles aspectos onde máis se necesiten, combinado instrumentos de financiamento públicos e privados.

Fondos Europeos destinados á vivenda

Galicia foi unha das comunidades que mellor aproveitou os fondos europeos do programa NextGenerationUE no eido da rehabilitación residencial. Desde 2022 o Instituto Galego de Vivenda e Solo vén convocando diversos liñas de incentivos, aos que xa destinou máis de 140 millóns de euros en axudas a particulares, comunidades de veciños e concellos, e cos que se puido mellorar a eficiencia enerxética de máis de 24.000 vivendas na nosa comunidade.

Dado o éxito destas axudas, a Xunta de Galicia publicará este ano unha nova convocatoria dos programas de rehabilitación enerxética de vivendas e edificios, e tamén para a redacción de proxectos e do libro do edificio, cun orzamento inicial de 37 millóns de euros.

Balance das últimas convocatorias dos diferentes programas de axudas á rehabilitación enerxética
Noticia

R., 2024-05-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES