Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estampas do mundo elegante

jueves, 25 de abril de 2024
'Estampas do mundo elegante' (Máis elegante ca nunca) impreso por Tórculo, retoma a obra publicada anteriormente e que agora se publica, de novo, no ano no que se lle dedica o Día da Ilustración.

Cando busco algo acerca desta publicación aparéceme na páxina da Fundación Luís Seoane presentándoo desta maneira: "En 1992 editábase Estampas do mundo Estampas do mundo eleganteelegante, que recollía os artigos escritos entre 1983 e 1991 polo debuxante, xornalista e humorista gráfico Chichi Campos para A Nosa Terra. Agora, o seu fillo Nico Campos coordina unha nova edición daquel volume que pretende traela á actualidade e ás novas xeracións, que non coincidiron con el no tempo e que polo tanto descoñecen o seu traballo polo que se engaden case corenta colaboracións a modo de comentarios de Patricia A. Janeiro, Carlos Ares, Aida Bao, Manuel Barreiro, Xan Codesido, Gonzalo Cortizo, Ledicia Costas, Denís Estévez, Antonio Díaz Ageitos, Cristina Díaz Pardo, Fernando Fernández Rego, Lidia Fraga, Camilo Franco, Gonzalo G. Velasco, Pilar García Rego, Carlos Gómez López, Xosé Hermida, Julián Hernández, Enrique Lojo, David Lombao, Carlos Meixide, Tamara Montero, Mabel Montes, Marcos Nine, O'Leo, Luís Pardo, Valeria Pereiras, Ana Ponte, Anxo Rabuñal, Belén Regueira, Manuel Rivas, Daniel Salgado, José Manuel Sande, Carlos Santiago, Iria Taibo, Marta Veiga Izaguirre e María Yáñez. Un esforzo por recuperar e reivindicar a figura e a obra deste autor galego que soubo retratar como poucos as transformacións que se estaban a producir na sociedade, na cultura e na política deste país naquel tempo. Os beneficios da venda deste libro destinaranse a financiar un documental sobre a figura de Chichi Campos, dirixido polo seu fillo.

Os tempos cambiaron tanto que cando vemos a viñeta que serve de pórtico ao libro no que un político lle di a un funcionario "Tome, Gómez, léveme este comunicado aos medios" no nos fai graza, porque é o pan noso de cada día. Os medios transcriben as novas que lles pasan os gabinetes de prensa de xeito normal sen engadir nin quitar, sen opinar...

Manuel Rivas introduce o libro cun artigo que titula "O que dá que pensar" ao que segue unha entrevista a Chichi publicada por A Nosa Terra en novembro do 1989. A continuación van os artigos deste autor seguidos das intervencións das persoas colaboradoras, moitas veces acompañadas polos debuxos tan característicos do autor e da época que reflicte. Unha pequena colección de debuxos e un epílogo de Ledicia Costas danlle fin.
Volvendo á páxina da Seoane, vexo que en abril de 2023 teñen realizado a exposición Xesús! 70 anos de Campos, "a maior retrospectiva celebrada sobre a obra do humorista gráfico Chichi Campos, un proxecto comisariado por Nico Campos. Inspirada nos fanzines que se publicaban en Galicia durante a década dos 80. A exposición recolle o espírito daquela mostra a través dunha selección fundamentalmente de debuxos, pero tamén de textos, varios deles inéditos, que dan conta da xenialidade do seu autor. O Campos 70 forma parte dun proxecto impulsado por Nico Campos e a Fundación Luis Seoane que deu comezo coa creación do Fondo Documental Chichi Campos, co que se localizaron e catalogaron máis de mil debuxos, preto de douscentos artigos de prensa e case cen guións de televisión, ademais de abundante documentación persoal."
A continuación deste traballo será o documental Chichi e máis eu, un título que lembra a banda deseñada María e máis eu de Miguel e María Gallardo e que nos vai contar a relación entre un pai e a súa filla autista coa que o debuxante se relacionada, sobre todo en base a imaxes. María tivo máis sorte que Nico, ela pode acompañar ao pai nesta viaxe no papel e en todas as que levan feito na realidade.
Chichi Campos semella un verdadeiro paradoxo: moi crítico pero tamén moi cariñoso, no comité central do partido comunista de España con vintecatro anos e moi elegante de forma que era normal velo con paxariña, un mozo moi delgado que era doado ve por Santiago no etapa na que traballou na galería Sargadelos na rúa Nova.
O primeiro que chama a atención das novas sobre Chichi Campos é o papel do fillo, Nico, na recuperación do pai. En vez de agardar a recibir o mel da homenaxe é el quen a realiza, quen recolle a documentación do pai, comisaria a meirande exposición que se lle ten feito, reedita o seu libro enriquecéndoo coas achegas de autores/as actuais e realiza un vídeo. Non sei se pode facer máis... Orfo de pai cando ten once anos, un tempo máis tarde perde a nai e agora leva a cabo estes traballos de Hércules que buscan que non se perda o legado de Chichi Campos e tentar responder as preguntas que leva tempo facéndose.
Unha edición tributo e un documental realizado coa emoción do neno que busca agarrar, de novo, a man do pai.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES