Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 03 de mayo de 2024
Nada cambia

Tardei en ver o ambiente porque mantiven os ollos pechos. Botei varios días cos ollos pechos. En concreto, tres. Estaba canso de ver actos esperpénticos, políticos corruptos, soños cheos de pesadelos e guerras encarnizadas. Así, durante tres días, descansei. Tan só escoitaba e oía. Estoupidos que non sabía se eran de algo que caía ou de bombas que explotaban. Oía palabras que non sabía moi ben que dicían; semellaban arroutadas, unhas veces, e razoamentos, outras. Discursos políticos; bos Pingas de Orballopara uns e falsos para outros. Soños que soñei bonitos e soños que se volveron pesadelos. Oín falar de guerras sen cuartel e liberdades asoballadas. Tamén de ramas de oliveira e de pombas brancas.
Agora xa teño os ollos abertos e vexo que todo é o que era, todo o que oíra, todo o que escoitara. Nada cambiou. Nada cambia. O río leva a mesma auga. O ambiente está igual. Non hai cambio radical. Todo leva o seu tempo. E neste mundo noso cada vez vai máis lento. Tan só os mortos das guerras aumentan. Aínda que a corrupción, os insultos, o racismo, a xenofobia, por desgraza, non minguan. Case dan ganas de pechar de novo os ollos para non ver o que pasa.
Chega ben con oír, con escoitar. Certos ruídos xa descobren certas accións. Algúns ouleos axudan a intuír onde está o medo. Outros comentarios falan dun futuro incerto. Si, case mellor: ollos que non ven, corazón que non sente. Que carallo, volvo á cegueira total. Así pódeme quedar o indicio dunha esperanza que acubille polo menos algo de temperanza. Ou polo menos, eu, si, poder soñar cunha realidade menos traumática.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES