Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Algo sobre a evolución cultural humana

viernes, 03 de mayo de 2024
A conciencia humana induce as fases da evolución cultural do home/da muller, que abordan algúns autores con interesante prolixidade . Tal é o caso de Ken Wilber, filósofo estadounidense, quen, na súa obra "Evolución de la conciencia", distingue tres fases: "pre-persoal", persoal e "trans-persoal", que outros estudosos denominan, respectivamente, "pre-racional", racional e "trans-racional". E máis ou menos explicitamente, soen establecer algunhas relacións coa evolución fisiolóxica, a concienciación e a racionalidade, que explican a evolución cultural nos procesos que configuran as distintas fases. Algo intentarei ofrecerlles ao respecto.
A miña modestia nesta temática tan complicada, obrígame a dubidar que na fase "pre-persoal", nalgún dos seus niveis, non exista a que Zubiri chamou PERSONEIDADE, aínda que máis dubidosa, iso si, é a PERSONALIDADE, polo seu compoñente social, entendida como na actualidade. Seguen algunhas características. Cando o home vive nunha comunidade de salvaxes nómades, para facer fronte a vida está vinculado ao instinto e aproveita os hábitos, que lle permiten cubrir as necesidades prioritarias da súa alimentación. E, pouco a pouco, adquire o seu comportamento certo matiz que os especialistas cualifican de máxico e animista, ao mesmo tempo que comeza a asomar a diferenciación entre o BEN e o MAL, que invita ao espírito moral nos anciáns a dar unha certa cohesión na tribo. Nesta fase, os vínculos políticos, se así se poden denominar os existentes entre os individuos, están comprometidos co parentesco e a liñaxe.
Dentro tamén desta fase xorde o pensamento en algo que existe fora da tribo, un EU poderoso e egocéntrico, que pretende manter a orde mediante un poder impulsivo, e pasa a engadir ese eu un influxo sobre os individuos da tribo, traducido nunha debida obediencia; así acaban mitificándose as regras dos comportamentos. Tamén neste nivel parece que se inicia a esixencia de dar un certo sentido a vida, e por iso as condutas deben axustarse a uns principios contextuais, cuxo respecto achega compensacións, traendo consecuencias, polo contrario, o disentimento dos mesmos. Aquí comeza a imperar a lei e, incluso, ten asento o fundamento dalgunhas institucións socio-políticas, no seo das antigas nacións, que inician o seu proceso constitutivo, e, máis ou menos explicitamente, un modo constitucional.
Entramos, xa, na fase persoal, que outros analistas designan co nome de racional, na que predomina a ciencia, e, con ela, o emprego, no proceso cognitivo e en función epistemolóxica, do método HIPOTÈTICO-DEDUTIVO. Por conseguinte, empeza a considerarse o mundo rexido por unhas leis cualificadas de naturais, a diferenza das convencionais, que son meros acordos para, con base nuns principios aceptados, rexer as convencións sociais, mentres aquelas, as naturais, determinan a dinámica da natureza e son irrevogables, aínda que poden manipularse para beneficio da humanidade, e, tamén, levalas a outros sectores, como a economía. Nesta fase entra en funcionamento o que se coñece como pensamento de segundo grao, é dicir, conciéncianse os niveis anteriores polos que pasou a humanidade, e así coñécese o papel desempeñado polos instrumentos utilizados neles, e incóase a seguinte fase, á "transpersoal", ou, se o prefiren, á "transracional", na que destaca a tendencia a instrumentar a liberación dos dogmatismos implicados nas fases anteriores, emerxendo na sociedade unha actitude non xerárquica, coa posibilidade de prestar atención a unha valoración plural e primar a igualdade, xustamente na dinámica social, pasando, como din algúns intelectuais, a un relativismo pluralista, aplicado a visión do mundo. Pode considerarse aquí situado o que se coñece como "postmodernismo". Tamén se observa unha integración do diverso e diferencial, despregándose unha rebuscada interdependencia. Así que se entende ben que os especialistas falen da existencia dun nivel "holístico", pola integración de coñecementos nun sistema universal. PERO QUE ESTA FASE SEXA "TRANS" - RACIONAL NON QUERE DICIR QUE PRESCINDA DA RAZÓN, XA QUE PARA CHEGAR A ELA FOI PRECISO TODO O ANTERIOR E POR ISTO TAMÉN AQUÍ PARECE QUE EMPEZAN A ESCINTILAR NOVOS INTEGRANTES CULTURAIS, ENGADINDO OUTRAS FORMAS DE RACIONALIDADE...
Como nos diría Zubiri, a vida do home comeza en algo distinto da súa realidade psico-orgánica, porque depende da forma de estar nesa realidade que se lle deu, na historia, entendendo esta non só como mera herdanza, senón tamén como forma de ser vivida; xa que as formas de estar na realidade transmítense e impiden que as vidas dos seres humanos partan de cero. E en cada unha das tres fases indicadas máis arriba, penso que poden percibirse as peculiaridades das formas que van aparecendo, con certa debilidade nos primeiros niveis da primeira fase, e claramente definibles nas dúas seguintes. Con elas configúranse as diversas expresións culturais, na medida en que as capacidades xeradas na evolución fisiolóxica abren as posibilidades de ensaiar novos procesos culturais, se ben diferenciando a MUTACIÓN OPERATIVA, naquela, como motor da mesma, da INVENCIÓN OPTATIVA na cultural. Así, entre ambas, actúa unha dinámica relacional de mutua influenza: A fisiolóxica abre horizontes á cultural, da que recibe impulsos ao mesmo tempo que cataliza novos procesos evolutivos
Esta impulsión evidénciase na "bio-nano-tecnloxía" e na "neurociencia", en xeral, sobresaíndo operativamente a IA, con toda a súa problemática, que leva ao ser humano a reflexionar acerca da necesidade de revisar o concepto de HUMANIDADE., e ampliar a eficiencia no campo da realidade VIRTUAL. E, por todo isto, creo que é pertinente facer algunhas precisións na diferenciación entre o termos "realidade" qua "realidade", "virtualidade" e "espiritualidade". Pois, así como os vectores do "real" son a territorialidade e a actualidade temporal, os do "virtual" rompen a unidade temporal, a da proximidade espacial e a da situación circunstancial (Wikipedia). O "virtual" crea unha oportunidade de acción nun espazo de entidade diferente, nun tempo QUE NON É A HISTORIA DO SUXEITO.
Non debemos esquecer que estamos en presenza dunha crecente capacidade técnica, que devén unha forma de mediación cognitiva, porque as contornas virtuais experiméntanse de maneira concreta como unha percepción do mundo, significándose unha posible "desmaterialización", que comporta a creación dunha "hiperrealidade", na que o virtual empeza a tomarse como máis real que a mesma realidade, ASUMINDO O PAPEL DUNHA NOVA REFERENCIA DA CULTURA E OCUPANDO UN NOVO POSTO NO SISTEMA DE VALORES; así interpreto, pola miña conta, algúns conceptos vertidos na Wikipedia.
De todo isto, intúese unha maior espiritualización (e entendamos o termo extensivamente) da vida, por esixencias culturais, como o evidencia K. Wilber, quen utiliza para designar a terceira fase da evolución o vocablo TRANS-PERSOAL, máis ou menos consciente de que talvez vaiamos camiño de ter que introducir cambios significativos nalgúns conceptos, como "persoa", "humanidade", etc., impulsados por esas supostas esixencias.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES