Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xúbilo de xubilado

viernes, 03 de mayo de 2024
En tempos, o Servizo Militar era para os rapaces, mais ca oportunidade de ver mundo e cerimonia de iniciación á vida de maiores, corte no estudo ou no traballo para mergullarse nun mundo hostil difícil de entender.

Librei da Mili polos peores motivos (físicos e familiares), e respirei tranquilo. Pero vese que o tema seguíu preocupando, e vinte anos despois, cando ao meu fillo se lle preguntou que quería ser de maior respondeu con total seguridade: Excedente de cupo. Era a situación dos que retiraban das listas, sen ser "defectuosos", por exceder dos necesarios no seu reemprazo.

Se agora se fai unha enquisa, e se pregunta a rapaces ou maiores a que aspiran na vida, témome que a maioría aspirará á xubilación como destino perfecto, pola presunta tranquilidade, fora da problemática laboral ou comercial.

Non son o único que se fixa nas rúas lucenses nas que non paran de pechar comercios. Non pode ser que lles vaia mal, porque a versión oficial é que todo vai ben e esto non hai quen o pare, e polo tanto é que os tendeiros logran por fin xubilarse. Certo que a situación de xubilado é perfecta, por estabilidade e tranquilidade, ainda que un teña un tic que impide o respouso propio da idade e da situación.

De cando en vez, amigos xubilados chaman a attención sobre o futuro dos pensionistas por se ao goberno de turno lle da por non ternos tan contentos. Antes de lanzarnos ás barricadas, se o Presidente do Goberno pode pararse a pensar cinco días amagando con abandoar, ben podemos os xubilados establecer un compás de espera para pensar en nós e, se fose o caso, tomar a iniciativa de declarar a algúns dos que deciden excedentes de cupo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES